send link to app

As Viaxes de Castelao app for iPhone and iPad


4.6 ( 8816 ratings )
Games Education Educational Family
Developer: Creappcuentos S.L
Free
Current version: 1.1, last update: 7 years ago
First release : 06 Jun 2016
App size: 149.33 Mb

No ano 2016 o Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra sumouse á celebración do “Ano Castelao”. A Real Academia Galega de Belas Artes decidiu dedicarlle a Castelao o Día das Artes Galegas, polo que dada a vinculación deste artista, político e escritor coa provincia de Pontevedra e en especial coa súa capital, motivou á Deputación a levar a cabo un programa de actividades culturais na súa honra.

A aplicación educativa “As viaxes de Castelao” xorde dentro deste contexto coa finalidade de achegar a figura de Castelao dunha maneira lúdica e didáctica aos máis pequenos e pequenas. Esta app vai permitir, dende calquera lugar do mundo, crear e compartir contidos xerados a través da propia aplicación, como quebracabezas, audio-contos, contos e postais que logo se poderán imprimir.

Unha ferramenta para coñecer e aprender xogando sobre a vida e viaxes de Castelao!